El Correo Gallego

Noticia 9 de 305 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

RIBEIRA

Visita de ribeirenses á mostra "Galicia, un relato no mundo"

S. S.   | 02.03.2020 
A- A+

Medio cento de veciños e veciñas de Ribeira visitaron na Cidade da Cultura ubicada no monte Gaiás a exposición Galicia, un relato no mundo. Trátase de alumnado do ano pasado do Seminario de Lingua e Cultura Galega, asistentes ao programa de dinamización de maiores que organiza Servizos Sociais, e estudantes do IES Leliadoura. Con eles estivo o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta, Valentín García.