El Correo Gallego

Noticia 146 de 207 noticia anterior de Ribeira Área de Compostela » Ribeira

Xornada sobre primeiros auxilios o día 3 no viveiro

SUSO SOUTO RIBEIRA  | 24.03.2019 
A- A+

RIBEIRA O viveiro de empresas de Ribeira vai acoller o vindeiro mércores día 3 de abril, de 16.30 a 20.30 horas, unha xornada gratuíta sobre primeiros auxilios, organizada pola Escola Galega de Saúde para Cidadáns. Será impartida por persoal do 061 e nela abordaranse contidos relacionados coa atención inicial básica en situacións de urxencia, como por exemplo, a forma de contactar con dito servizo, asistencia ante un traumatismo, queimaduras, crise epiléptica, reanimación cardiopulmonar básica, etc. Os interesados en participar poden inscribirse na área de Orientación Laboral do Concello do 27 ó 29 deste mes, de oito a tres da tarde. As prazas asignaranse por orde de reserva (unha persoa só poderá tramitar como máximo dúas).