El Correo Gallego

Noticia 6 de 36 noticia anterior de Santa Comba Área de Compostela » Santa Comba

Comeza Periodipesca cun documental sobre Xallas e unha madriña de honra

Manuel Vilar ofreceu o primeiro relatorio sobre o olvido do Camiño a Fisterra

Pablo Checa, esquerda, e Manuel Vilar onte - FOTO: X.M. Lema
Pablo Checa, esquerda, e Manuel Vilar onte - FOTO: X.M. Lema

M. OUTEIRO XALLAS  | 17.05.2019 
A- A+

Santa Comba foi o lugar escollido pola organización para desenvolver ata o día 19 a edición número 27 do congreso de xornalismo especializado en caza, pesca, medio ambiente, turismo rural e aventura Periodipesca 2019. E onte chegaba a primeira xornada, coa asamblea xeral da asociación que lle da nome ao evento e a inauguración oficial coas autoridades.

Entre as actividades do día tamén figuraron o nomeamento de Michelle Rodríguez Oreiro como madriña de honra do evento; a proxección dun documental sobre Santa Comba e o primeiro relatorio, co historiador Manuel Vilar para afondar sobre O Camiño de Santiago a Fisterra-Muxía: olvido secular, recuperación e perigos do éxito.

O congreso foi presentado xa o mércores pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose -que agradeceu o "escaparate" que o foro supón para o seu concello-; polo presidente da asociación Periodipesca, Luis Macías, e por Michelle Rodríguez.