El Correo Gallego

Noticia 36 de 39 noticia anterior de Santa Comba Área de Compostela » Santa Comba

Feijóo solicitou estabilidade diante dun PP xalleiro unido

Alertou ante o independentismo e puxo á Xunta como exemplo de goberno diante de Pose // Acudiron edís de TeGa e José Toja

En primeira fla, pola esquerda, García, Quintana, María Pose e Feijóo en Xallas. - FOTO: C.G.
En primeira fla, pola esquerda, García, Quintana, María Pose e Feijóo en Xallas. - FOTO: C.G.

M. MANTEIGA. SANTA COMBA   | 10.03.2019 
A- A+

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, poido comprobar en Santa Comba o apoio efectivo dalgúns dos edís de Terra Galega que agora queren regresar ao PP, compartindo ademais coa alcaldesa María Pose e centos de xalleiros unha exposición na que avogou porque todos os galegos unan as súas forzas para que en España haxa un Goberno estable "como o de Galicia" e para que nos concellos non haxa un executivo como o central.

O líder popular propuxo transformar as ganas e a necesidade de sentido común en voto útil, subliñando a implicación e o esforzo dos galegos, así como tamén a unión das súas forzas nas urnas no 2009, no 2012 e no 2016 deron como resultado unha maioría clara para que hoxe haxa neste país gobernabilidade, estabilidade, xestión e avance. Neste punto, referiuse á aprobación dos orzamentos, ano a ano e en tempo e forma; e puxo en valor, tamén, que a comunidade teña un executivo que só se dedica a gobernar e que o faga para todos.

A xuizo de Feijóo, e do mesmo xeito que o voto unido dos galegos foi útil na comunidade, tamén o será para España, "porque aquí traballamos só para o interese xeral, non perdemos nunca nin tempo nin diñeiro cedendo ás imposicións nacionalistas e porque desde aquí contribuímos ao progreso de toda a nación". Tal e como indicou, esta será o posible xeito de evitar o sucedido nalgunhas cidades e concellos desta terra, onde a dispersión do voto favoreceu a combinación de PSOE, Podemos e nacionalistas, o que provocou a parálise deses lugares.

O presidente salientou tamén que hai dez anos a xente decidiu abrir unha nova etapa na autonomía. Así, tras a época da maior caída da economía e da maior subida do paro, lembrou que hoxe a comunidade crece, crea emprego, cumpre os seus compromisos e é a comunidade que menos se endebedou, ademáis de gabarse de que, sempre ao seu xuizo, é un territorio máis e mellor conectado; produce máis, innova máis e exporta máis; recuperou sectores estratéxicos, coma o agro, o mar, a automoción ou o naval; aumentou os seus servizos públicos (na sanidade, na educación), poñendo a disposición dos galegos máis escolas infantís, residencias e centros de día e incrementando os recursos en atención á dependencia. "Hoxe Galicia mira cara o futuro con moita máis confianza e moita máis esperanza", rematou.

A CLAVE

Sánchez e secesión.

O titular da Xunta pediu dende Santa Comba que as eleccións estatais do vindeiro 28 de abril sexan o momento no que se deixe atrás un pasado para España "que se chama Pedro Sánchez, Podemos e secesionistas; e que o país sexa dono do seu porvir e volva ás mans de todos os españois". Entre os asistentes había rexedores, como o da Baña, edís e o exalcalde José Toja.