El Correo Gallego

Noticia 5 de 56 noticia anterior de Santa Comba Área de Compostela » Santa Comba

Santa Comba divulga os seus castros con andainas

M.M.   | 06.12.2019 
A- A+

O Concello de Santa Comba e a Asociación Os Trotasendas poñen en marcha o ciclo de andainas Coñece o teu concello hoxe, co fío condutor de darlle visibilidade a varios dos castros que poboan o territorio xalleiro.

Serán catro xornadas de rutas, cunha andaina de inauguración que levará na mañá de hoxe venres aos camiñantes entre a Fervenza de Castriz e o Castro de Boaña, "un dos exemplos máis visibles das extraordinarias potencialidades dos castros desta terra". O roteiro será circular, duns once quilómetros de lonxitude e dificultade media-baixa coas árbores tinguidas de outono. A saída está prevista a partir das 09.30 horas da mañá dende o entorno da fervenza.