El Correo Gallego

Noticia 34 de 42 noticia anterior de Santa Comba Área de Compostela » Santa Comba

Vantaxes da economía social para Santa Comba

C.G.   | 16.03.2019 
A- A+

Santa Comba acolleu unha xornada sobre Economía Social na que se analizou a súa importancia como oportunidade de emprego e desenvolvemento.

Foi coordinada polo departamento de Formación e Emprego municipal, coa intención de que futuros empresarios e as persoas desempregadas que asisten aos cursos organizados polo mesmo, xunto cos propios alumnos dos obradoiros -que se están desenvolvendo nestes meses no Concello xalleiro-, valoren e se formen para implantar experiencias deste tipo.

A alcaldesa, María Pose, inaugurou o foro, que incluía ao técnico da Rede Eusumo, Daniel Diéguez; á subdirectora xeral de Economía Social, Alba Paz; ó coordinador da Rede Galega de Dinamización Xuvenil, Fernando Rodríguez, e unha mesa redonda con emprendedores.