El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14

O prazo para solicitar as axudas municipais para material e transporte escolar segue aberto ata o 31 de outubro

18.10.2019 As solicitudes deben presentarse no rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30 // O Concello ten reservadas nos orzamentos senllas partidas de 8.000 e 4.000 euros

Os centros de día de Valga, Portas, Rois, Boiro e Vilagarcía participaron nun encontro musical no Auditorio

17.10.2019 O quinto certame “As maiores tunas” incluíu un alegato en contra da violencia de xénero // Os usuarios interpretaron cancións populares ao son de bandurrias, pandeiretas e harmónicas

O edificio de infantil do colexio de Baño contará con novo sistema de calefacción

16.10.2019 Os radiadores eléctricos serán substituídos por unha instalación de gasoil para unha maior eficiencia enerxética // A actuación terá un custo de 23.276’71 euros e será financiada pola Consellería de Educación

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música programa tres masterclass no Auditorio Municipal

16.10.2019 Terán lugar no Auditorio Municipal, a primeira o próximo sábado, 19 de outubro // As inscricións nas actividades pode realizarse a través da páxina web www.csmgalicia.com

O Pleno aproba a conta xeral do exercicio 2018 cun superávit de 337.857,21 euros

15.10.2019 Estes fondos serán incorporados ao orzamento deste ano 2019 // “O Concello de Valga ten débeda cero”, explicou o alcalde durante a sesión extraordinaria

A empresa Schindler comeza o traballo de instalación do ascensor no Edificio de Usos Administrativos

15.10.2019 O elevador terá capacidade para 12 pasaxeiros e contará cun sistema de alimentación en caso de corte do subministro eléctrico // A actuación conta cunha subvención de 28.000 euros da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

O Concello recibe unha nova cesión de material para o Museo da Historia Local

14.10.2019 Están datados entre os anos 1596 e 1900 e son propiedade do morañés José Casal Porto // A cesión será levada proximamente ante o Pleno para a súa aprobación por parte da Corporación

Abre a inscripción na "Noite de terror na biblioteca"

14.10.2019 A actividade, dirixida a rapaces de entre 11 e 13 anos de idade, conta con 15 prazas dispoñibles // A velada na biblioteca de Cordeiro incluirá obradoiros, contos de misterio e outras propostas lúdicas

O Centro de Ensinanzas Superiores de Música selecciona ao alumnado paro o seu curso inaugural

17.10.2019 As probas de acceso comezaron esta mañá no Auditorio coa participación do alumnado de Interpretación e continúan o luns con outras tres especialidades // Participan un total de 23 persoas e outras 6 solicitaron trasladar os seus expedientes de outros centros

O Belén artesanal en movemento comeza a conta atrás para unha nova edición

11.10.2019 Trinta e seis veciños iniciaron este luns os traballos de preparación da nova montaxe de Nadal // O nacemento abrirá ao público entre o 1 de decembro e o 12 de xaneiro

Páginas 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14