El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15

O Auditorio e a Casa da Cultura albergan catro obradoiros con motivo do día da biblioteca

09.10.2019 A programación arranca este venres pola tarde con “A detective Peregrina e o insólito caso de Antón Fraguas” // Todas as actividades teñen entrada de balde para todos os nenos que queiran participar

O festival de outono de corais reuniu a catro agrupacions de Rianxo, Cariño, Asturias e Valga

08.10.2019 O alcalde e os concelleiros de Cultura, Turismo e Benestar Social asistiron ao concerto, que se celebrou no Auditorio // A Polifónica Santa Comba, organizadora do evento, cumpre a finais de ano o seu 25 aniversario

O CODI pon en marcha un proxecto piloto de reparación e reutilización de materiair téxtiles, mobles e pequenos electrodomésticos

08.10.2019 A Consellería de Medio Ambiente e o Concello de Valga colaboran nesta iniciativa que pretende mellorar a xestión dos residuos domésticos // Os obradoiros están abertos á participación de todos os veciños e habilitarase tamén un espazo de intercambio de bens

O Tecor de Valga foi escenario esta fin de semana do Campionato Galego de cans de rastro sobre coello

07.10.2019 O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na entrega de premios e no xantar de clausura // A boa densidade de coellos e a axeitada climatoloxía provocaron que a proba estivese moi disputada

Trescentos estudantes de Valga e da contorna asistiron no auditorio ao concerto didáctico "Deriva"

07.10.2019 Acudiron alumnos dos colexios Baño-Xanza e Ferro Couselo e dos institutos de Valga e Padrón // Catro músicos interpretaron temas das compositoras Lula Romero, Katharina Rosenberger e Victoria Cheah

A Xunta contrata obras de mellora no Colexio de Baño nas que investirá 22.000 euros

04.10.2019 Renovarase o valado perimetral do recinto para unha maior seguridade // Tamén se actuará no piso do patio cuberto para evitar esvaróns

O concello adxudica a explotación da cafetería da praia fluvial de Vilarello por un canon de 600 euros anuais

03.10.2019 O contrato, que se asinou esta semana, ten unha duración de dous anos prorrogables ata un máximo de catro // O novo concesionario, Juan Carlos Alén, abrirá de martes a domingo, ofrecerá comidas e promoverá actividades que poidan atraer a visitantes

O alcalde asistiu á inauguración da exposición “Presenzas de Muller, con cadros pitados polos usuarios do CODI

03.10.2019 A mostra reivindica o empoderamento feminino e aborda temáticas coma a violencia de xénero ou a igualdade // Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de outubro

O pleno aproba por unanimidade a personación do concello na causa xudicial polos asasinatos de Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo

03.10.2019 A asesoría xurídica solicitará no Xulgado poder tomar parte no proceso como acusación pública exercendo a acción popular // O obxectivo é defender os intereses xerais da veciñanza e, en concreto, da familia das vítimas

As clases de educación de adultos para a obtención do título da eso dan comezo o vindeiro luns

02.10.2019 O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso // Poden asistir de xeito gratuíto persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020

Páginas 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15