El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16

O Tecor de Valga foi escenario esta fin de semana do Campionato Galego de cans de rastro sobre coello

07.10.2019 O concelleiro de Deportes, Manuel Ferreiro, participou na entrega de premios e no xantar de clausura // A boa densidade de coellos e a axeitada climatoloxía provocaron que a proba estivese moi disputada

Trescentos estudantes de Valga e da contorna asistiron no auditorio ao concerto didáctico "Deriva"

07.10.2019 Acudiron alumnos dos colexios Baño-Xanza e Ferro Couselo e dos institutos de Valga e Padrón // Catro músicos interpretaron temas das compositoras Lula Romero, Katharina Rosenberger e Victoria Cheah

A Xunta contrata obras de mellora no Colexio de Baño nas que investirá 22.000 euros

04.10.2019 Renovarase o valado perimetral do recinto para unha maior seguridade // Tamén se actuará no piso do patio cuberto para evitar esvaróns

O concello adxudica a explotación da cafetería da praia fluvial de Vilarello por un canon de 600 euros anuais

03.10.2019 O contrato, que se asinou esta semana, ten unha duración de dous anos prorrogables ata un máximo de catro // O novo concesionario, Juan Carlos Alén, abrirá de martes a domingo, ofrecerá comidas e promoverá actividades que poidan atraer a visitantes

O alcalde asistiu á inauguración da exposición “Presenzas de Muller, con cadros pitados polos usuarios do CODI

03.10.2019 A mostra reivindica o empoderamento feminino e aborda temáticas coma a violencia de xénero ou a igualdade // Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de outubro

O pleno aproba por unanimidade a personación do concello na causa xudicial polos asasinatos de Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo

03.10.2019 A asesoría xurídica solicitará no Xulgado poder tomar parte no proceso como acusación pública exercendo a acción popular // O obxectivo é defender os intereses xerais da veciñanza e, en concreto, da familia das vítimas

As clases de educación de adultos para a obtención do título da eso dan comezo o vindeiro luns

02.10.2019 O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso // Poden asistir de xeito gratuíto persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020

A Consellería de Educación renovará portas e ventás no colexio Xesús Ferro Couselo

02.10.2019 As obras foron contratadas á empresa García Sistemas de Carpintería // O custo total da actuación, 26.266 euros, será aportado pola administración autonómica

Valga recibe a un grupo de peregrinos con discapacidade que percorre a ruta xacobea en favor da plena inclusión

02.10.2019 Voluntarios de Protección Civil acompañáronos no tramo que discorre polo noso concello para axudalos e darlles apoio // “O Camiño está en bastantes boas condicións, non atopamos ninguha barreira que non puideramos superar”, destacan

O coloquio de sensibilización sobre a violencia de xénero recalca a importancia de denunciar para evitar máis vítimas

01.10.2019 Máis de trinta persoas asistiron á charla a cargo asociación Mulleres en Igualdade de Vigo // O Concello lembra que o CIM e os Servizos Sociais están a disposición das mulleres maltratadas

Páginas 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13 - 14 - 15 - 16