El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9

O CONCELLO CONTARÁ NO ANO 2020 CUN ORZAMENTO DE 5.631.089 EUROS, QUE DESTINA 1,5 MILLÓNS A INVESTIMENTOS

26.11.2019 O presuposto reserva 672.000 euros para Servizos Sociais, 431.600 para Educación, 423.000 para Cultura e 358.000 para fomento do emprego // O goberno reclamou aos concelleiros socialistas que denunciaron as Comisións de Coordinación que reembolsen ao Concello os cartos dos gastos xudiciais

Valga berra "si ao respecto" no acto institucional do día contra a violencia de xénero

25.11.2019 Centros educativos, asociación e veciños sumáronse á concentración que tivo lugar esta mañá no CODI // Gardouse un minuto de silencio en memoria das vítimas da violencia machista

A orquesta municipal de cámara ofreceu un concerto reivindicativo contra a violencia de xénero

24.11.2019 María Rodríguez, Lucía Rey, Mencía Suárez e Rosalía Muíño leron un manifesto e repartiron lazos violetas entre o público // Mañá a partir das 10 horas celébrase no CODI un acto institucional ao que está convidada toda a veciñanza

O alcalde presidiu a inauguración do centro superior de música, "un soño feito realidade" para Valga

23.11.2019 O acto, celebrado onte no Auditorio, contou coa asistencia do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís // “Moitos pensaban que este proxecto era unha tolería, pero con ilusión todo se consegue”, dixo o director Manuel Villar

Abre o prazo para presentar obras ao premio de teatro "A guerra da independencia en Valga"

22.11.2019 Os textos deben gardar relación coa revolta popular dos veciños de Casaldeirigo contra as tropas napoleónicas // O gañador recibirá 600 euros e a súa obra será representada durante a Recreación da Batalla de Casaldeirigo

O XVIII concurso de beléns ten aberto o prazo de inscrición ata o día 20 de decembro

21.11.2019 No certame poden participar particulares, colectivos e casas comerciais // Os premios para os tres mellores nacementos e agasallos para o resto de participantes entregaranse na Cabalgata de Reis

A aula CeMIT informa sobre os próximos cambios na TDT nunha xornada divulgativa o día 28

20.11.2019 A introdución da tecnoloxía 5G obriga a reorganizar o espectro radioeléctrico antes do 30 de xuño de 2020 // Explicaranse os cambios que os cidadáns deben facer nos sistemas de recepción e as subvencións que poden solicitar

A Escola Infantil Municipal conmemora cun mural o Día Internacional do Neno

20.11.2019 “Coidamos os nosos dereitos” foi o lema elixido polo centro con motivo da celebración // A ONU enfatiza con esta data a necesidade de garantir o benestar e o desenvolvemento de todos os nenos

Executan obras de substitución de portas e ventás no colexio Ferro Couselo

19.11.2019 Cambiaranse unha vintena de fiestras do centro e cinco portas exteriores // Os traballos foron contratados pola Consellería de Educación á empresa García Sistemas de Carpintería

Alumnado do Colexio de Baño participa nun obradoiro de reaproveitamento téxtil con motivo da semana europea da prevención de residuos

19.11.2019 Na actividade participaron 34 estudantes de 4º de Primaria que crearon bolsas para a compra empregando vellas camisetas // Concienciar sobre a reciclaxe e a reutilización de materiais foi o obxectivo do taller, que se desenvolveu no CODI

Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9