El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9

O contacontas "Bolboretas" encheu o auditorio de historias sobre igualdade

18.11.2019 A actividade enmarcouse na campaña de sensibilización contra a violencia de xénero organizada polo Concello // O próximo venres terá lugar, tamén no Auditorio, o espectáculo de marionetas “Xogo revolto”

Unha unidade de doazón de sangue desprázase este xoves a Valga

18.11.2019 O autobús estará emprazado diante do Concello entre as 10 e as 14 horas e en Cordeiro, xunto ao Auditorio, das catro ás nove da tarde // Os grupos sanguíneos coas reservas máis baixas son o B Positivo e o Cero Positivo

O centro superior de música amplía a súa dotación de instrumentos coa compra de tres pianos

16.11.2019 Os tres Yamaha C3 supoñen “un salto importante” para o equipamento do centro, indica o director // Serán empregados polo alumnado para o traballo e a práctica nas aulas

A campaña do concello con motivo do 25-N inclúe contacontos, concertos e teatro para sensibilizar contra a violencia de xénero

16.11.2019 Esta tarde terá lugar no Auditoiro a actividade infantil “Bolboretas”, unha sesión de contos infantís a prol da igualdade // O día 25 terá lugar no CODI un acto institucional coa participación de centros educativos e asociacións do municipio

O concello confecciona novos traxes para os músicos da Banda Municipal

16.11.2019 As equipacións, de cor azul mariño e co escudo do Concello bordado, serán as utilizadas para pasarrúas // Entre onte e esta mañá estase realizando no Auditorio a primeira proba das prendas

Comezan as obras de renovación do peche perimetral no colexio de Baño

14.11.2019 Dentro da mesma actuación tamén se mellorará o piso do patio cuberto para evitar esvaróns // A Xunta inviste nestes traballos, que foron solicitados polo goberno municipal, case 22.000 euros

Persoal municipal nunhas sesións formativas para constituír a mesa local contra a violencia de xénero

13.11.2019 As xornadas desenvolveranse os días 4 e 11 de decembro co obxectivo de mellorar a coordinación entre todos os axentes implicados na prevención e erradicación da violencia machista // Favorecer a detección de posibles casos, ofrecer unha resposa áxil ás vítimas e sensibilizar á poboación son algunhas das funcións da mesa

O Sergas atende a petición do goberno municipal e incorporará un novo médico ao centro de saúde

12.11.2019 O novo facultativo comezará a prestar servizo nas vindeiras semanas // O alcalde agradece a sensibilidade da Consellería cos usuarios valgueses

O alcalde e a concelleira de educación asisten aos actos conmemorativos do vixésimo aniversario do IES de Valga

12.11.2019 Unha comida e un magosto deron comezo ás celebracións, que continuarán nos vindeiros meses con máis iniciativas // “Loitaremos para que o centro poida contar o vindeiro curso co Bacharelato de Artes”, anunciou Bello Maneiro

O aceite do “Oliveiral da Concordia” de Setecoros empezará a comercializarse en 2020

11.11.2019 O párroco Paulino Sánchez e un grupo de veciños deron comezo esta mañá á colleita das olivas // Por primeiro ano están empregando medios mecánicos e esperan acadar os 400 quilos de froitos

Páginas 1 - 2 - 3 - 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9