Área de Compostela » Valga
Valga saca a contratación a limpeza e mantemento dos edificios e instalacións municipais
08.11.2019 As ofertas para optar á adxudicación poden presentarse ata o día 4 de decembro // O contrato terá unha duración inicial dun ano, prorrogable ata un máximo de catro
As obras no edificio de usos administrativos continúan coa instalación do sistema de climatización na planta baixa
07.11.2019 A empresa valguesa Instalaciones Nurmel foi a adxudicataria dos traballos // A actuación está valorada en 80.000 euros e finánciase a través dun convenio coa Vicepresidencia da Xunta
Sae a licitación a explotación da cafetería da Praia Fluvial de Valga e do Centro de Interpretación da Caña do País
06.11.2019 Establécese un canon anual mínimo de 100 euros e as propostas á alza poden efectuarse ata o vindeiro 20 de novembro // A mesa de contratación valorará, ademais da oferta económica, o proxecto de explotación e o equipamento co que se dote aos locais
O Centro Superior de Música de Valga organiza un Concurso de novos talentos
06.11.2019 Poden participar músicos de entre 10 e 18 anos de idade, galegos ou que cursen estudos musicais en Galicia // O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de decembro
A igualdade centra a programación do Auditorio no mes contra a violencia de xénero
05.11.2019 Contacontos, teatro e espectáculos musicais incidirán en valores como o respecto e a tolerancia // A exposición solidaria “Troca arte por alimentos” recadará produtos de primeira necesidade para Cáritas
Persoas en risco de exclusión poden solicitar no concello axudas de emerxencia social ata o día 22 de novembro
05.11.2019 Diríxense a veciños que carezan de ingresos suficientes para afrontar gastos de alimentación, vivenda e pago de recibos, entre outros conceptos // Teñen preferencia as persoas con menores ao seu cargo
O centro de día recada productos de primeira necesidade para Cáritas a través do mercado solidario "Troca arte por alimentos"
05.11.2019 A exposición coas obras pictóricas, labores e obxectos que poden adquirirse inaugurouse esta mañá e permanecerá no Auditorio ata finais de mes // Os artigos intercambiaranse por alimentos e produtos de hixiene entre os días 25 e 29 de novembro
O alcalde reuniuse co Presidente da Xunta a para solicitarlle o respaldo a “proxectos importantes para o futuro de Valga”
26.10.2019 Bello Maneiro demandou ao presidente un parque empresarial para poder atender a demanda de solo por parte das industrias // Os dous mandatarios valoraron a posible reforma do colexio de Baño e a posta en marcha dun proxecto piloto de concentración parcelaria
Portos de Galicia e Valga avanzan na tramitación do proxecto de creación dun embarcadoiro no río Ulla
25.10.2019 Susana Lenguas e José María Bello mantiveron onte un encontro no Concello
O Concello e a Deputación elaboran un proxecto para reforzar a seguridade nos accesos ao Colexio de Baño
25.10.2019 O obxectivo é que os nenos poidan desprazarse camiñando ou en bicicleta // Representantes da comunidade educativa, do Concello e Policía Local participaron nunha reunión coa empresa encargada de redactar o proxecto