El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12

O concello adxudica a explotación da cafetería da praia fluvial de Vilarello por un canon de 600 euros anuais

03.10.2019 O contrato, que se asinou esta semana, ten unha duración de dous anos prorrogables ata un máximo de catro // O novo concesionario, Juan Carlos Alén, abrirá de martes a domingo, ofrecerá comidas e promoverá actividades que poidan atraer a visitantes

O alcalde asistiu á inauguración da exposición “Presenzas de Muller, con cadros pitados polos usuarios do CODI

03.10.2019 A mostra reivindica o empoderamento feminino e aborda temáticas coma a violencia de xénero ou a igualdade // Pode verse no Auditorio Municipal ata o vindeiro 30 de outubro

O pleno aproba por unanimidade a personación do concello na causa xudicial polos asasinatos de Sandra e Alba Boquete e María Elena Jamardo

03.10.2019 A asesoría xurídica solicitará no Xulgado poder tomar parte no proceso como acusación pública exercendo a acción popular // O obxectivo é defender os intereses xerais da veciñanza e, en concreto, da familia das vítimas

As clases de educación de adultos para a obtención do título da eso dan comezo o vindeiro luns

02.10.2019 O prazo de inscrición permanecerá aberto durante todo o curso // Poden asistir de xeito gratuíto persoas maiores de 18 anos ou que cumpran esta idade antes do 1 de setembro de 2020

A Consellería de Educación renovará portas e ventás no colexio Xesús Ferro Couselo

02.10.2019 As obras foron contratadas á empresa García Sistemas de Carpintería // O custo total da actuación, 26.266 euros, será aportado pola administración autonómica

Valga recibe a un grupo de peregrinos con discapacidade que percorre a ruta xacobea en favor da plena inclusión

02.10.2019 Voluntarios de Protección Civil acompañáronos no tramo que discorre polo noso concello para axudalos e darlles apoio // “O Camiño está en bastantes boas condicións, non atopamos ninguha barreira que non puideramos superar”, destacan

O coloquio de sensibilización sobre a violencia de xénero recalca a importancia de denunciar para evitar máis vítimas

01.10.2019 Máis de trinta persoas asistiron á charla a cargo asociación Mulleres en Igualdade de Vigo // O Concello lembra que o CIM e os Servizos Sociais están a disposición das mulleres maltratadas

A concellería de benestar social abre o prazo de inscrición nun obradoiro de terapia creativa dirixido a mulleres

01.10.2019 Este xoves ás 17 horas celébrase no CODI unha xuntanza na que se explicarán os contidos da actividade // O obxectivo é promover a expresión e a superación persoal a través da pintura

O festival de outono de corais abre o vindeiro sábado a programación do Auditorio para o mes de outubro

30.09.2019 O ciclo de concertos “O teu Xacobeo” e actuacións das bandas de Valga e Caldas de Reis son outras das propostas musicais // A biblioteca organiza dous contacontos no marco do programa de dinamización “Ler conta moito”

Os parados maiores de 18 anos que queiran participar no obradoiro Ulla-Umia IV deben anotarse na oficina de emprego de Vilagarcía

30.09.2019 A Xunta aprobou unha aportación económica de 336.446 euros para desenvolver este proxecto formativo // Os aprendices percibirán o salario mínimo e realizarán obras de interese público no edificio administrativo, pavillón de Beiro e en zonas verdes do municipio

Páginas 4 - 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12