El Correo Gallego


Área de Compostela » Valga
Ordenar por   Resultados por página
Páginas 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13

Os usuarios do CODI reivindican o empoderamento feminino coa exposición "Presenzas de Muller"

28.09.2019 A mostra, que aborda temáticas como a violencia de xénero ou a igualdade, pode verse no Auditorio Municipal entre o 1 e o 30 de outubro // Os cadros foron pintados durante as sesións de Arteterapia que Ángeles Garrido imparte semanalmente no centro para persoas con discapacidade

O Cordeiro C.F. celebrou o seu cincuenta aniversario cun acto de recoñecemento aos directivos, xogadores, socios e colaboradores do club

28.09.2019 O alcalde fixo entrega ao actual presidente dunha placa conmemorativa deste medio século de historia // Durante o evento presentáronse os equipos das sete categorías de fútbol base coas que conta o club

O Auditorio Municipal acolle o luns a charla-coloquio “Violencia de xénero, unha realidade oculta”

27.09.2019 Catro profesionais da asociación Mulleres en Igualdade de Vigo ofrecerán unha visión multidisciplinar da violencia física, psicolóxica, sexual e económica contra as mulleres // Incidirán na necesidade de que a sociedade se implique na súa prevención e axude a detectar posibles casos

Novo horario e prezos do ximnasio municipal a partir do mes de outubro

27.09.2019 As instalacións abrirán de luns a venres entre as 9:30 e as 12:30 e de 17:30 a 22:30 // O prezo da entrada individual é de 4 euros e ofértanse diferentes bonos (mensual, trimestral ou familiar)

A Consellería de Medio Ambiente adxudica as obras de humanización do parque Irmáns Dios Mosquera

26.09.2019 A empresa viguesa Ingeniería y Construcciones Piñeiro S.L. executará os traballos nun prazo de seis meses // O Concello e a Xunta de Galicia asinaron un convenio para investir máis de 470.000 euros na mellora deste espazo

A cafetería da Casa da Cultura de Valga reabre a comezos de outubro baixo a xestión de Juan Carlos Alén

25.09.2019 A explotación do bar foi adxudicada por un canon anual de 100 euros máis IVE // O proxecto inclúe a adquisición de mobiliario, servizo de comidas e a organización de actividades culturais

Valga contrata á Covsa as obras de mellora das infraestruturas viarias na área empresarial de Campaña

25.09.2019 O proxecto, cun orzamento de 120.000 euros, inclúe a instalación de canalizacións soterradas, a creación de beirarrúas e unha zona de aparcamento // A Consellería de Industria aporta 92.831 euros para financiar as obras

A aula CeMIT retransmite por videoconferencia unha charla sobre como aforrar na factura da luz

11.09.2019 A sesión terá lugar o vindeiro 16 de setembro a partir das 12 horas // Explicaranse as axudas ás que poden acollerse os consumidores, como o bono social eléctrico

A Escola Municipal de Idiomas ten aberto o prazo para matricula para o curso 2019/2020

11.09.2019 Poden inscribirse estudantes de Primaria, Secundaria e Bacharelato e tamén persoas adultas // A reserva poden facerse por correo electrónico ou no Auditorio Municipal

O concello executou obras de mellora e mantemento nas unitarias e nos colexios de infantil e primaria

10.09.2019 As escolas de Campaña, Ferreirós e Forno contan con nova instalación eléctrica e a de Chenlo cun acceso para persoas con discapacidade // No CEIP de Baño realizouse a ampliación da biblioteca e no CEP Ferro Couselo acometéronse tarefas de limpeza e acondicionamento

Páginas 5 - 6 - 7 - 8 - 9 - 10 - 11 - 12 - 13