El Correo Gallego

Noticia 105 de 320 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Abre a inscripción na "Noite de terror na biblioteca"

A actividade, dirixida a rapaces de entre 11 e 13 anos de idade, conta con 15 prazas dispoñibles // A velada na biblioteca de Cordeiro incluirá obradoiros, contos de misterio e outras propostas lúdicas

CONCELLO DE VALGA  | 14.10.2019 
A- A+

Rapaces de entre 11 e 13 anos de idade poden inscribirse dende hoxe na “Noite de terror na biblioteca” que terá lugar o venres, 25 de outubro, con motivo do Samaín. Son quince as prazas dispoñibles e cubriranse por rigorosa orde de inscrición, tendo prioridade aqueles mozos que non participaran en anteriores edicións da actividade.

A iniciativa, organizada polo Concello e as bibliotecas municipais, desenvolverase no centro de lectura do Auditorio de Cordeiro, onde os participantes pasarán unha noite chea de actividades, como obradoiros terroríficos, contos de terror e misterio e ou cine.

Ademais desta “Noite de terror na biblioteca”, o Auditorio Municipal festexará o Samaín con máis actividades, como a festa con chocolatada que terá lugar na tarde do día 31 de outubro e á que os asistentes poden acudir disfrazados e con cabazas decoradas.