El Correo Gallego

Noticia 6 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O alumnado do obradoiro de emprego remata a formación en orientación laboral

Os aprendices adquiriron competencias para afrontar unha entrevista ou unha proba de selección // O obxectivo é favorecer a inclusión dos alumnos no mercado de traballo

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 12.06.2019 
A- A+

Os vinte alumnos do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, dez da especialidade de albanelería e outros dez de forestais, remataron esta semana a formación en orientación laboral. Trátase dunha formación complementaria aos oficios que están cursando no proxecto, con quince horas de duración e que tivo como culminación a elaboración dos currículos dos alumnos.

Nas sesións de orientación laboral os aprendices adquiriron distintas habilidades que lles facilitarán a súa inserción no mercado de traballo. Por exemplo, recibiron información sobre diferentes canais de búsqueda de emprego e tamén algunhas claves para afrontar unha entrevista de traballo ou probas de selección.

O obxectivo desta formación é que o alumnado adquira competencias profesionais e persoais que lle abran as portas do mercado laboral. En paralelo, a dirección do Obradoiro está tamén traballando na empregabilidade dos alumnos coa análise e búsqueda de diferentes opcións laborais vencelladas ás dúas especialidades de albanelería e forestais.