El Correo Gallego

Noticia 77 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O alumnado do obradoiro de emprego visita a empresa Extrugasa e a Cidade da Cultura

A actividade complementa a formación teórica e práctica que levan meses recibindo // O Obradoiro conta cos módulos de albanelería e forestais, nos que participan vinte persoas desempregadas

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 21.06.2019 
A- A+

O alumnado do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III, acompañado polo equipo docente e directivo, realizou esta mañá dúas visitas formativas a Extrugasa e á Cidade da Cultura.

Achegáronse primeiro á empresa do Grupo Quintá, en Campaña, para participar nunha visita guiada polas súas instalacións e coñecer a historia desta firma de referencia no mercado mundial da extrusión de aluminio.

A continuación, os alumnos da especialidade de albanelería trasladáronse ata Santiago para visitar a Cidade da Cultura. O percorrido partiu do edificio do Museo e incluíu as instalacións do arquivo e da biblioteca. Un guía explicoulles cuestión como o proxecto arquitectónico do complexo, o proceso de construción e os materiais empregados.

Estas visitas plantexáronse como un complemento á formación teórica e práctica dos alumnos do Obradoiro de Emprego, un proxecto compartido polos concellos de Valga e Moraña. Participan nel vinte persoas desempregadas, dez na especialidade de albanelería a outra metade no módulo de forestais.