El Correo Gallego

Noticia 77 de 115 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Os alumnos de albanelería do Obradoiro de Emprego executan obras de ampliación no ximnasio e a mellora dos vestiarios

Están a realizar as divisións para habilitar os novos baños e duchas // Ademais, continúan os traballos de acondicionamento do edificio de usos administrativos

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 26.03.2019 
A- A+

Os integrantes do módulo de albanelería do Obradoiro de Emprego Ulla-Umia III están a executar obras de ampliación no ximnasio municipal de Beiro e tamén a mellora dos vestiarios.

Os dez alumnos desta especialidade comezaron os traballos co picado do pavimento e do azulexo dos vestiarios, tanto no de mulleres coma no de homes, e agora están a levantar as divisións para habilitar un total de catro baños, dous deles para persoas con mobilidade reducida, e seis duchas.

A continuación executarán o revestimento do piso e o alicatado das paredes, ademais da colocación dos novos aparatos sanitarios.

Dende os vestiarios abrirase unha porta que comunicará coa zona de ampliación do ximnasio. A construción xa está realizada e o alumnado do Obradoiro de Emprego encargarase de colocar o pavimento vinílico e de pintar as paredes.

Estes traballos compaxínanos coas obras no edificio de usos administrativos, no que acondicionaron os baños, revestiron as escaleiras e máis a tercera planta e agora están a construír unha rampa para o acceso de persoas con mobilidade reducida.