El Correo Gallego

Noticia 24 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

As bibliotecas municipais pechan as actividades de verán co obradoiro de títeres “A escena verbas!”

O actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valga con vinte nenos participantes // Nas últimas semanas celebráronse outros tres talleres creativos, de ilustración e sobre igualdade de xénero

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 19.08.2019 
A- A+

As bibliotecas municipais pecharon esta mañá a súa programación de verán para dinamizar a lectura entre os máis mozos. A última actividade desenvolveuse na Casa da Cultura de Valga e tratouse do obradoiro “A escena verbas!”, da compañía Menos dá unha pedra.

Empregando materiais como cartolinas, tesoiras ou pegamento, os vinte nenos participantes crearon o seu propio espectáculo de títeres. Debuxaron e recortaron os monicreques e encargáronse tamén da escenografía e de poñer a música para despois representar unha obra teatral.

Este foi o cuarto obradoiro que se realizou durante o mes de agosto dentro do programa “Ler conta moito”, promovido pola Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia da Consellería de Cultura. Nas semanas anteriores celebráronse o taller creativo “Deixa o móvil e debuxa”, a actividade de ilustración “As superheroínas do noso pobo” e o contacontos sobre igualdade de xénero “A aventura de Daniela Pirata”.