El Correo Gallego

Noticia 10 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A "Asociación Cultural Palilleiras de Valga" no Salón de Plenos da Casa do Concello traballos de encaixe de bolillos

A mostra estará aberta ao público hoxe e mañá en horario de 17 a 21 horas // Inclúe colchas, chales, pulseiras, toallas ou broches, entre outros labores feitos polas integrantes do colectivo

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 30.08.2019 
A- A+

A “Asociación Cultural Palilleiras de Valga” no Salón de Plenos da Casa do Concello traballos de encaixe de bolillos realizados polas integrantes do colectivo, que conta coa colaboración do Concello para a organización desta actividade xa habitual coincidindo coa Festa da Anguía e Mostra da Caña do País. A mostra pode verse esta tarde e mañá sábado entre as 17 e as 21 horas.

Entre os traballos que locen no salón de sesións hai colchas, toallas, chales, cortinas, roupa infantil, pulseiras, broches, reloxos ou panos, entre outros. Son pezas elaboradas durante o ano polas integrantes da “Asociación Cultural Palilleiras de Valga” que, ademais de organizar esta exposición, participa de xeito frecuente en encontros de palilleiras en distintos lugares da nosa comunidade.