El Correo Gallego

Noticia 80 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Asociación A Eira deu a benvida ao verán cun festival no Auditorio

O alumnado da Escola de Baile realizou varias coreografías e tamén houbo cancións en directo // O Club Karate Valga ofreceu unha exhibición desta arte marcial

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 19.06.2019 
A- A+

A asociación cultural e xuvenil A Eira celebrou a pasada fin de semana no Auditorio Municipal o festival “Benvido o Verán”, con actuacións de baile e canto nas que os máis mozos foron os protagonistas.

O alumnado da Escola de Baile da asociación, que durante o ano asiste a clases co mestre Daniel Pintos, realizou varias coreografías grupais, mentras que Zelani Blanco, Rebeca Fernández, Lara e Lorena Álvarez e Irene Bermúdez cantaron en directo.

Nesta ocasión, o festival de A Eira tivo como convidados aos integrantes do Club Karate Valga, que realizaron unha exhibición desta arte marcial.