El Correo Gallego

Noticia 11 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Aula CeMIT abre o prazo de inscripción en dous cursos de Iniciación á Informática e de Whatsapp para maiores

CONCELLO DE VALGA  | 03.09.2019 
A- A+

A Aula CeMIT imparte neste mes de setembro senllos cursos presenciais e gratuítos de Iniciación á Informática e de Whatsapp para maiores. O prazo de inscrición para as dúas actividades está aberto e as persoas interesadas poden anotarse na propia Aula CeMIT, emprazada no Auditorio Municipal, ou por teléfono no Auditorio (986 556769) e no Concello (986 559456).

O curso de Iniciación á Informática, dirixido a persoas de todas as idade, dará comezo o día 10 de setembro e terá unha duración dun mes. Impartirase os martes e xoves de 10 a 11:30 horas cos seguintes contidos:

  • Acender e apagar correctamente o ordenador
  • Manexar o rato e teclado con soltura
  • Familiarizarse co entorno de traballo e as ventás do Sistema Operativo
  • Aprender a xestionar arquivos e carpetas (crear, eliminar, copiar, etc.)
  • Copiar un documento nunha unidade extraíble (disquete, memoria USB)
  • Crear, editar e imprimir un documento cun editor de textos

O número de prazas dispoñibles é de 12.

No tocante ao curso de Whatsapp para Maiores, impartirase o mércores e venres da semana próxima (días 11 e 13 de setembro) a partir das 10 horas, tamén con prazas limitadas. Os contidos serán:

  • Como utilizar Whatsapp
  • Privacidade e seguridade
  • Configurando Whatsapp
  • Fotos e videos por WhatsApp
  • Compartir documentos, ubicacións e contactos
  • Crear grupos e listas de difusión