El Correo Gallego

Noticia 9 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A aula CeMIT retransmite por videoconferencia unha chrla sobre como aforrar na factura da luz

A sesión terá lugar o vindeiro 16 de setembro a partir das 12 horas // Explicaranse as axudas ás que poden acollerse os consumidores, como o bono social eléctrico

CONCELLO DE VALGA  | 11.09.2019 
A- A+

A campaña “Dálle luz á túa factura”, impulsada polo Instituto Galego de Consumo, chega o vindeiro 16 de setembro á Aula CeMiT de Valga a través dunha vídeoconferencia con contidos para axudar aos consumidores e usuarios a comprender mellor a factura eléctrica e darlles algunhas claves para aforrar. A sesión terá lugar a partir das 12 do mediodía.

Tendo en conta que un dos principais gastos das economías familiares é o destinado ao pago da factura eléctrica, “Dálle luz á túa factura” pretende facilitar os coñecementos básicos necesarios para comprender a factura, para adoptar medidas de aforro no gasto eléctrico e para realizar reclamacións en relación á contratación dos servizos prestados polas compañías eléctricas.

A sesión, cunha duración aproximada de 90 minutos, centrarase ademais nas tarifas con descontos como o bono social (de carácter estatal) e axudas específicas a consumidores vulnerables severos en risco de exclusión social (a nivel autonómico).

Para asistir á videoconferencia é necesario inscribirse con anterioridade na Aula CeMIT ou a través dos números de teléfono 986 556 769 ou 986 559 456.

Curso de edición de vídeos

A Aula CeMIT ten tamén aberto o prazo de inscrición no curso presencial “Edita os teus vídeos”, dirixido a persoas maiores de 50 anos de idade. A actividade, que é gratuíta, dará comezo o día 18 de setembro, con sesións os mércores e venres de 10 a 11:30 horas.

As prazas son limitadas, polo que é precisa inscrición previa.