El Correo Gallego

Noticia 55 de 115 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

REMITIDO

O BNG e as Mareas só se acordan de Valga cando hai que votar

PARTIDO POPULAR DE VALGA  | 27.04.2019 
A- A+

Hai que ver algúns con que cara se atreven a dar leccións de xestión municipal ou a falar de tramas inventadas por eles cando só se acordan de Valga e dos seus veciños cando hai que ir a votar. Un exemplo ben claro son o BNG e as Mareas de Valga. Levan catro anos durmidos e agora, a catro días das eleccións, espertan para ao final non ser capaces nin de facer unha lista coa que presentarse ás eleccións, igual que pasou hai catro anos.

Ao BNG pretende vir agora de salvador do GES e preséntase no Pleno do luns cando en toda a lexislatura os seus representantes non asistiron a ningunha sesión. Será que non lles interesan o máis mínimo os asuntos que afectan aos veciños nin todos os proxectos que nos últimos catro anos se aprobaron para mellorar a súa calidade de vida e ofrecerlle máis e mellores servizos. Aparecen agora porque só lles interesa a confrontación. ¿Porque non lles dan a oportunidade aos veciños de que valoren o seu “traballo” onde corresponde, nas urnas? ¿Non consiguen formar unha lista ou é que en realidade non queren presentarse ás eleccións porque saben que non contan coa aprobación dos valgueses?

Sexan valentes, señores do BNG, Mareas e Podemos, formen cadansúa candidatura e dean a cara onde corresponde, nunhas eleccións municipais. Está moi ben acordarse de Valga de catro en catro anos e só para criticar ao goberno local, pero a verdadeira forma de saber o que pensan e o que queren os valgueses é presentándose ás eleccións. Ademais, cando se opina dalgún asunto é conveniente escoitar primeiro a tódalas partes implicadas para non sacar conclusións precipitadas e sesgadas. Salvo que haxa intereses creados dentro destes grupos.

Deberían saber que aos veciños non se lles engana con tretas e mentiras de última hora. Saben ben quen leva toda a lexislatura traballando en beneficio de Valga e da súa xente.