El Correo Gallego

Noticia 39 de 173 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Campamento de Verán leva a máis de sesenta integrantes da Escola Municipal de Música a Salamanca

Participarán en clases de técnica instrumental e realizarán ensaios colectivos, ademais de actividades de lecer // O sábado actuarán no municipio de Alba de Tormes

CONCELLO DE VALGA  | 15.07.2019 
A- A+

Sesenta e catro integrantes da Escola Municipal de Música, entre alumnos e mestres, participan dende hoxe e ata o domingo na vixésima edición do Campamento Musical de Verán, que ten como destino Salamanca.

A expedición saiu ás 7 da mañá dende o Auditorio en dous autobuses que son sufragados polo Concello. A viaxe terá unha duración dunha semana, durante a cal se aloxarán na Residencia Universitaria Colegio de Cuenca e terán como centro de operacións o colexio público Santa Catalina. Nas súas instalacións desenvolveranse as clases de técnica instrumental, sesións colectivas e ensaios da Orquestra e da Xuve Banda.

Na xornada do sábado está programada unha actuación no municipio de Alba de Tormes, no marco dun intercambio musical coa Asociación Cultural Banda de Música Alba de Tormes.

Durante a estancia en terras castelás, os viaxeiros tamén terán tempo para a realización de actividades de ocio e tempo libre, sendeirismo, piscina ou visitas turísticas. O campamento rematará o domingo cunha xornada de lecer nun parque acuático e o posterior regreso a Valga.