El Correo Gallego

Noticia 119 de 352 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Centro Superior de Música de Valga organiza un Concurso de novos talentos

Poden participar músicos de entre 10 e 18 anos de idade, galegos ou que cursen estudos musicais en Galicia // O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de decembro

CONCELLO DE VALGA  | 06.11.2019 
A- A+

O Centro Superior de Música de Valga organiza, conxuntamente coa asociación Música Viva de Pontevedra, a primeira edición do Concurso de Solistas de Galicia, que se celebrará os días 26 e 27 de decembro no Auditorio Municipal.

Os participantes neste certame de novos talentos deben ter entre 10 e 18 anos de idade e ser galegos ou estar cursando os seus estudos musicais en Galicia. As bases diferencian dúas categorías por idades. A primeira de 10 a 14 anos, na que os inscritos deberán presentar un programa cunha duración de entre 4 a 10 minutos no que se interpretarán dúas obras ou movmentos contrastantes.

Na segunda categoría poden participar músicos de 15 a 18 anos, que deben presentar un programa cunha duración de entre 8 a 20 minutos no que se interpretarán, igualmente, dúas obras ou momentos contrastantes.

Para formalizar a inscrición é preciso cubrir o formulario (que pode descargarse no enlace https://www.valga.gal/1736-concurso-novos-talentos) e envialo por correo electrónico á dirección asocmusicaviva@gmail.com. Xunto coa ficha debe adxuntarse tamén o DNI do participante escaneado. O prazo de inscrición estará aberto ata o día 15 de decembro.

O xurado dará a coñecer aos gañadores do concurso o día 27 de decembro, unha vez rematadas as audicións. Os premios para os primeiros e segundos clasificados das dúas categorías serán: dar un concerto coa orquestra do Centro Superior de Música, ofrecer un concerto no ciclo “Música no Museo” e un 20% de descontó nunha masterclass da súa especialidade. Ademais, o primeiro clasificado da categoría de 15 a 18 anos acadará un 10% de desconto na matrícula do Grao Superio no CSM para o curso 2020/2021.