El Correo Gallego

Noticia 78 de 320 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O concello confecciona novos traxes para os músicos da Banda Municipal

As equipacións, de cor azul mariño e co escudo do Concello bordado, serán as utilizadas para pasarrúas // Entre onte e esta mañá estase realizando no Auditorio a primeira proba das prendas

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 16.11.2019 
A- A+

Os integrantes da Banda de Música Municipal contarán proximamente cunha nova equipación para as súas actuacións, que se está confeccionado por encargo do Concello.

Son máis de setenta os traxes de cor azul mariño que está realizando a empresa Confecciones Story para vestir a todos os membros da Banda Municipal –tanto os que xa formaban parte da agrupación coma os rapaces que se incorporan–, incluído o director, Manuel Villar.

Entre onte e hoxe estase realizando no Auditorio a primeira proba das equipacións. “Os traxes que non precisan máis arranxos xa son entregados aos músicos correspondentes e o resto quedan pendentes dunha segunda proba que se realizará máis adiante”, explica a concelleira responsable da Escola de Música, Malena Isorna.

O tecido dos traxes é o denominado “fresco extra”, con forro de poliéster. As americanas, con dous botóns e dúas aberturas, teñen bordado o escudo do Concello.

Todas as prendas incorporan na etiqueta o nome do músico ao que corresponden para facilitar a súa identificación.

Estes novos traxes azul mariño serán os que empregue a Banda Municipal para os pasarrúas. Para os concertos contan cunha segunda equipación de cor negro.