El Correo Gallego

Noticia 73 de 165 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Concello reúne a un grupo de colaboradores da festa da xuventude para avanzar na organización das actividades

O festexo, que cumple a súa décimo cuarta edición, celebrarase na fin de semana do 6 e o 7 de xullo // Manteranse as actividades con maior participación, como as Olimpíadas da Aldea e a solta de vaquiñas

CONCELLO DE VALGA  | 07.06.2019 
A- A+

O equipo de goberno reuniu onte na Casa do Concello a un grupo de persoas que nos últimos anos veñen colaborando activamente na organización da Festa da Xuventude para impulsar os preparativos de cara a vindeira edición, a número catorce, que se celebrará na fin de semana do 6 e o 7 de xullo.

O programa de actividades manterá as iniciativas de máis éxito e que contan con maior participación por parte da veciñanza. É o caso das Olimpíadas da Aldea, para as que se abrirá o prazo de inscrición nas vindeiras semanas, ou a solta de vaquiñas, para a que xa están tramitándose os permisos necesarios.

Nas vindeiras semanas celebraranse novas reunións para acelerar o deseño da programación e a organización de todas as iniciativas culturais e festivas.