El Correo Gallego

Noticia 5 de 362 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O CONCELLO SOLICITA UNHA SUBVENCIÓN DE 96.000 EUROS Á XUNTA PARA CONTINUAR AS MELLORAS VIARIAS NA ÁREA EMPRESARIAL DE CAMPAÑA

O proxecto inclúe o acondicionamento e pavimentación de viais para favorecer o desenrolo da actividade industrial // Na zona executáronse nos últimos meses traballos de dotación de servizos e construción de beirarrúas

CONCELLO DE VALGA  | 26.02.2020 
A- A+

O Concello de Valga vén de solicitar á Consellería de Economía, Emprego e Industria unha subvención para continuar coas melloras viarias na área empresarial de Campaña. A axuda que se solicita, ao abeiro dunha orde para a habilitación e mellora de infraestruturas nos parques empresariais de Galicia, ascende a 95.960’10 euros.

O proxecto recolle obras de acondicionamento e pavimentación de viais, continuando así coas melloras executadas na zona durante os últimos meses e que incluíron a dotación de servizos e a construción de beirarrúas no entorno da zona empresarial e da área deportiva. Completando estas actuacións, ofrecerase un mellor servizo aos peóns e vehículos á hora de acceder e circular polos viais desta contorna, facilitando o desenrolo da actividade empresarial.

A área empresarial de Campaña conta cunha superficie aproximada de 400.000 metros cadrados e está está experimentando un aumento tanto na superficie das empresas alí instauradas coma no persoal que desenvolve a súa actividade profesional. Neste parque emprázanse seis grandes empresas que, a día de hoxe, moven un gran volume de mercadorías e contan con máis de 1.000 traballadores. Por iso resulta necesario adecuar as infraestruturas viarias á realidade actual, para garantir un bo discorrer da circulación para o persoal e o transporte.