El Correo Gallego

Noticia 61 de 173 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Concello tramitou máis de setenta permisos para fogueiras de San Xoán

As parroquias de Cordeiro e Xanza son as que rexistraron un maior número de solicitudes veciñais // O Concello pide aos responsables das cacharelas que extremen a vixilancia para evitar incidentes

CONCELLO DE VALGA  | 21.06.2019 
A- A+

O Concello de Valga concedeu autorización para a queima de máis de setenta de fogueiras durante a noite de San Xoán no municipio. A parroquia que rexistrou un maior número de solicitudes veciñais foi a de Cordeiro, cun total de 22, seguida de Xanza con 18. En Valga están autorizadas 13 fogueiras, en Campaña 12 e en Setecoros 9.

Para cumplir con esta tradición na noite máis curta do ano os veciños tiveron que cubrir un impreso nas oficinas municipais indicando a parroquia e o lugar no que se realizará a fogueira, quedando esta baixo a responsabilidade do solicitante que, coa súa sinatura, se compromete a adoptar as medidas de seguridade necesarias para evitar incidentes e escapes do lume.

O listado completo de cacharelas autorizadas foi posto en coñecemento dos servizos de emerxencias, que durante toda a noite de San Xoán farán un seguimento para garantizar que non se produzan incidentes.

O goberno municipal pide aos veciños que extremen as precaucións e ofrécelles unha serie de recomendacións para evitar percances co lume:

Por mor da seguridade non fagan moreas dunha altura excesivamente elevada
Non fagan a fogueira preto de lugares con vexetación
Con exceso de vento non prendan a fogueira
Eviten usar nas fogatas materiais que co vento poidan provocar un incendio (ramas de eucalipto, papeis, etc.)
Procuren ter auga preto para actuar ante posibles escapes do lume
Non utilicen na fogueira materiais contaminantes (pneumáticos, aerosois, etc.)
Deixen a fogueira completamente apagada antes de marchar
Lembre que no caso de ter problemas debe chamar ao 085 ou ao 112 (a chamada é GRATUÍTA)