El Correo Gallego

Noticia 16 de 352 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O CONCURSO DE ENTROIDO, QUE SE CELEBRA O DÍA 1 DE MARZO, REPARTIRÁ 2.850 EUROS EN MÁIS DE VINTE PREMIOS

As inscricións deben realizarse por anticipado, ata o día 28, nas oficinas do Concello ou a través de correo electrónico // O certame terá lugar nas inmediacións do Auditorio a partir das 17 horas

CONCELLO DE VALGA  | 06.02.2020 
A- A+

O concurso de Entroido, que organiza a Concellería de Cultura e que terá lugar o domingo 1 de marzo, repartirá 2.850 euros en premios entre os participantes: disfraces individuais, parellas e grupos ou comparsas. Serán un total de vinte e un os premios que se outorguen.

O concurso celebrarase nas inmediacións do Auditorio Municipal a partir das 17 horas, se ben as inscricións deben realizarse por anticipado nas oficinas do Concello (de 9 a 14:30 horas) ou a través do correo electrónico concello@valga.gal, cubrindo ou enviando a ficha de inscrición. O prazo rematará o ás 14:30 horas do día 28 de febreiro. O propio día do concurso os participantes deberán recoller o número de dorsal a partir das 16 horas e colocalo nun lugar visible.

Os premios que se establecen para cada unha das categorías son os seguintes:

INFANTÍS (ata 14 anos)

Individual:

1º Premio: 50 euros
2º Premio: 40 euros
3º Premio: 30 euros
4º Premio: 20 euros
Parellas:

1º Premio: 70 euros
2º Premio: 40 euros
Grupos (de 3 a 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

1º Premio: 100 euros
2º Premio: 50 euros
Comparsas (máis de 10 membros, sendo alo menos o 80% nenos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

1º Premio: 200 euros
2º Premio: 100 euros
ADULTOS (a partir de 15 anos)

Individual:

1º Premio: 80 euros
2º Premio: 40 euros
Parellas:

1º Premio: 120 euros
2º Premio: 60 euros
Grupos (de 3 a 10 membros, sendo alo menos o 80% maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

1º Premio: 200 euros
2º Premio: 100 euros
Comparsas (a partir de 10 membros, sendo alo menos o 80% maiores de 15 anos e incluíndo, como mínimo, a unha persoa maior de idade):

1º Premio: 800 euros
2º Premio: 500 euros
3º Premio: 150 euros
Mellor disfrace de Valga (só persoas empadroadas en Valga, ou grupos ou comparsas nos que, como mínimo, o 80% estean censados no concello):

Premio único: 100 euros
Mellor disfrace de mulleres representativas da historia:

Premio único: 50 euros
O xurado estará presidido polo concelleiro de Cultura e integrado por representantes de distintas asociación de Valga. Os premios entregaranse a través dun vale que deberá canxearse nas oficinas do Concello a partir do día 9 de marzo.

En caso de que condicións meteorolóxicas adversas non permitan levar a cabo o concurso, este quedará automaticamente aprazado para o domingo 8 de febreiro, coas mesmas bases e horario.