El Correo Gallego

Noticia 15 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Continúan as obras de mellora e pavimentación dos viais de titularidade municipal en Valga

A empresa Covsa está a realizar traballos de aglomerado nunha vintena de estradas // Nos últimos meses investíronse máis de 800.000 euros en asfaltados

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 05.06.2019 
A- A+

O Concello de Valga continúa cos traballos de mellora e pavimentación dos viais de titularidade municipal.

A empresa Construcións, Obras e Viais (Covsa) está executando traballos de aglomerado nunha vintena de viais das cinco parroquias de Valga, un proxecto no que se invisten 363.782’46 euros do Plan Concellos 2019.

As estradas incluídas neste proxecto atópanse en Cedelo, Fontenlo, Cimadevila, Casa de Amil e Tarroeira na parroquia de San Miguel; Devesa, Montiño, O Coto en Campaña; Outeiro e Casaldeirigo en Setecoros; Baño, Carballiño, Louro-Senín e Parafita en Xanza; e Castiñeiras, Moldes-Vilarello, Areal-Outeiro e Forno na parroquia de Cordeiro. Neste último lugar é onde se están a desenvolver as obras durante as últimas xornadas.

Os traballos consisten na limpeza do firme e das marxes, con apertura de cunetas, e a posterior pavimentación con mistura bituminosa en quente de catro centímetros de espesor.