El Correo Gallego

Noticia 113 de 214 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Corporación municipal pechou a lexislatura cun pleno extraordinario

Aprobáronse por unanimidade as actas das sesións celebradas nas últimas semanas // O sábado ás 14 horas constitúese a nova Corporación coa toma de posesión dos concelleiros e o nomeamento do alcalde

CONCELLO DE VALGA  | 13.06.2019 
A- A+

A Corporación municipal reuniuse onte pola tarde no último Pleno da lexislatura 2015-2019. Foi unha sesión extraordinaria convocada para aprobar as actas das cinco sesións celebradas durante o mes de abril.

O alcalde en funcións, José María Bello Maneiro, tivo despois unhas palabras de agarimo para as dúas persoas do grupo de goberno que deixan de formar parte da Corporación valguesa: Mari Carmen Castiñeiras, responsable ata o de agora da área de Cultura, e Ramona Otero, concelleira delegada de Xuventude, Turismo e Escola de Música. Ás dúas agradeceulles “o traballo realizado durante todos estes anos” e que redundou en beneficio de Valga e dos veciños.

O vindeiro sábado, ás 14 horas, celebrarase o Pleno de constitución da nova Corporación 2019-2023. Ao comezo da sesión constituirase unha mesa de idade integrada polos concelleiros electos de maior e menor idade, ademais do secretario municipal.

A súa función incluirá a comprobación das credenciais dos concelleiros electos, requisito premio á toma de posesión do cargo. Esta mesa presidirá tamén a elección e proclamación do novo alcalde.

A orde do día do Pleno é a seguinte:

Designación da Mesa de Idade
Comprobacións previas á constitución do Concello
Toma de posesión dos concelleiros electos
Elección do alcalde
- Proclamación de candidatos á Alcaldía

- Elección do sistema de votación

- Votación

- Toma de posesión