El Correo Gallego

Noticia 6 de 362 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A ESCOLA MUNICIPAL DE MÚSICA FESTEXOU O ENTROIDO CUN CONCERTO NO AUDITORIO

Os nenos de Música e Movemento realizou xogos e interpretou cancións // Tamén actuaron alumnos de canto e o evento rematou cunha exhibición de baile

CONCELLO DE VALGA  | 25.02.2020 
A- A+

A Escola Municipal de Música celebrou o pasado sábado no Auditorio o seu concerto de Entroido, convertido xa nunha cita habitual por estas festas en Valga.

O evento estivo protagonizado polo alumnado de Música e Movemento, co mestre Tomás Rábanos á fronte. Os nenos, que luciron vistosos e divertidos disfraces, realizaron xogos de discriminación auditiva, probas de ritmo e narraron historias musicadas, entre outras actuacións.

Tamén subiu ao escenario o coro infantil, que interpretou cancións coma “Si yo fuera rico”, “Un barquito” ou “Supercalifragilístico”.

O concerto tamén coutou coa participación de alumnos de canto da mestra Merran Laginestra e ramatou cunha exhibición de baile.