Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

A Escola Municipal de Teatro representou no auditorio as obras "O soldadiño de chumbo" e "Cousas de parella"

O grupo infantil reflexionou sobre a integración das persoas con discapacidade coa súa posta en escena // Os adultos ofreceron unha función cómica sobre conflitos matrimoniais

    A Escola de Teatro Municipal encara a recta final do curso e os seus alumnos prepararon dúas representacións coas que amosar o traballo realizado durante os últimos meses nas clases de interpretación que dirixiu Manuel Solla Barragáns. Puxéronas en escena o sábado no Auditorio Municipal ante un nutrido grupo de espectadores.

    O grupo infantil ofreceu unha versión con mensaxe do conto tradicional “O soldadiño de chumbo”, de Hans Christian Andersen, centrada na integración do diferente e, especialmente, das persoas con mobilidadade reducida ou con discapacidade.

    Os adultos, pola súa parte, protagonizaron “Cousas de parella”, unha representación formada por tres sketchs humorísticos sobre conflitos matrimoniais. Foi unha función moi divertida que conseguiu que o público saíra cun sorriso na boca.

    Este grupo dos maiores será, igualmente, o encargado e representar a obra gañadora do Premio de Teatro “A Guerra da Independencia en Valga” o vindeiro 1 de xuño, dentro dos actos da recreación da Batalla de Casaldeirigo, da que este ano se cumpre o 210 aniversario. Trátase do texto “O que Napoleón non se levou”, escrito por Marcela Rodríguez, e que ofrece dous puntos de vista sobre o mesmo acontecemento histórico: o dos soldados franceses, no seu intento de conquistar España, e o dos campesinos e veciños de Casaldeirigo, que idean as tácticas máis inverosímiles para intentar frear o avance das tropas napoleónicas.

    07 may 2019 / 17:52
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito