El Correo Gallego

Noticia 37 de 173 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Escola de Música Municipal organiza unha Masterclass de viola e violín coa solista internacional Natalia Arestova

Os prezos das clases para os alumnos activos son de 60 e 40 euros e tamén se admiten oíntes // A actividade desenvolverase entre os días 23 e 24 de xullo

CONCELLO DE VALGA  | 17.07.2019 
A- A+

O Concello e a Escola de Música Municipal organizan a I Masterclass de viola e violín, que se desenvolverá no Auditorio os vindeiros 23 e 24 de xullo e que será impartida pola solista internacional Natalia Arestova.

As persoas interesadas en participar poden inscribirse a través do enlace http://ir.gl/masterclass-viola. Para os alumnos activos ofrécense dúas alternativas: clase invidual de 60 minutos de duración por un prezo de 60 euros ou unha clase de 30 minutos por 40 euros. Ademais, tamén se admiten alumnos oíntes, que deberán aboar 20 euros. O pago realizarase o primeiro día da actividade nas oficinas da Escola Municipal de Música.

A masterclass clausurarase ás 21 horas do día 24 cun concerto no Auditorio Municipal no que os alumnos actuarán acompañados por Paula Gago ao piano e o clarinetista Francisco Javier Morgade. A entrada para o público é gratuíta.

Festival de Orquestras

A Escola de Música ten, ademais, programada para a vindeira semana outra actividade. Trátase dun Festival de Orquestras que terá lugar o sábado, día 27 a partir das 21 horas no Auditorio.

Subirán ao escenario a Orquestra Lira Saguntina de Valencia e a Orquestra de Cámara de Valga, dirixidas por Pere Molina e Manuel Villar Touceda.

A entrada é de balde.