El Correo Gallego

Noticia 10 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A escola de patinaxe clausura o curso cunha exhibición con 150 rapaces

Durante o verán impartirase un curso intensivo para nenos a partir de 3 anos // A Escola deportiva de tenis tamén continúa coa actividade durante os meses de xullo e agosto

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 10.06.2019 
A- A+

O pavillón municipal de Beiro acolleu na tarde do venres a clausura da Escola de Patinaxe, que contou neste curso con máis de 150 nenos e mozos. O número de inscritos volveu medrar un ano máis, o que reflicte a afección que a patinaxe artística esperta entre os rapaces valgueses.

Os patinadores ofreceron unha exhibición ante as súas familias e público en xeral, ao que amosaron as destrezas adquiridas durante os últimos meses con Olalla Pérez como profesora. Dende outubro de 2018 practicaron saltos e piruetas, aprenderon a realizar novas figuras e, nas últimas semanas, ensaiarion as coreografías que representaron o venres.

Unha vez rematada a exhibición, o alcalde, José María Bello Maneiro, e os concelleiros de Deportes e Educación, Manuel Ferreiro e Carmen Gómez, entregáronlles as medallas a todos os patinadores.

Nas vindeiras semanas esta escola deportiva retomará a súa actividade cun curso de verán que se prolongará durante os meses de xullo e agosto e no que poden participar nenos a partir de 3 anos de idade. As sesión desenvolveranse no pavillón de Beiro de luns a xoves en horario de 10:00 a 11:30 e de 11:30 a 13:00. Pódese asistir por meses ou por quincenas e elixir entre 2, 3 ou 4 días semanais.

As inscricións poden realizarse chamando ao teléfono 645 57 35 61.

Curso de tenis para nenos e adultos

Tamén a Escola Municipal de Tenis mantén a súa actividade durante o verán con cursos infantil e para adultos.

As clases dirixidas a nenos, tanto de iniciación como de perfeccionamento, a partir de 7 anos de idade impartiranse os venres e os sábados en dous horarios, ás 11:30 e ás 12:30. O prezo é de 40 euros por dous días á semana ou 24 euros por un día a semana. Só hai que realizar o pago dunha matrícula, sen mensualidades.

No tocante aos adultos, as sesións desenvolveranse os luns e os mércores e os novos inscritos recibirán de regalo unha raqueta co pago do primeiro trimestre.

Para inscribirse ou solicitar máis información hai que chamar ao número de teléfono 691 20 32 43.