El Correo Gallego

Noticia 213 de 346 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

A Escola de Verán deu comezo con máis de cen nenos inscritos

Os rapaces, de 5 a 14 anos, participarán en rutas de sendeirismo, obradoiros sobre igualdade, cineforum, contacontos e outras actividades // Monitores e voluntarios dirixen as actividades, que se desenvolven de luns a venres entre as 10 e as 13 horas

CONCELLO DE VALGA  | 15.07.2019 
A- A+

A Escola de Verán gratuíta que o Concello de Valga organiza para favorecer a conciliación familiar e laboral durante o período de vacacións comezou esta mañá con xogos populares e actividades lúdicas nas que participaron os máis de 100 nenos inscritos.

Os rapaces, de entre 5 e 14 anos de idade, están divididos en dous grupos, un con base na Casa da Cultura de Valga e outro no Auditorio Municipal, en Cordeiro. Durante o verán, poderán divertirse e compartir experiencias como as rutas turísticas “Valga a pé”, contacontos, actividades sobre igualdade, cineforum, manualidades, xogos populares, obradoiros na biblioteca e a sega do trigo, entre outras propostas. Nos vindeiros días tamén comezarán a elaborar os debuxos que formarán parte da exposición “Infancia Crea”, que poderá verse no Auditorio.

Na mañá inaugural, un o grupo da Casa da Cultura desprazouse ao Parque Irmáns Dios Mosquera onde realizaron xogos de presentación para facilitar que os nenos se coñezan entre sí. Tamén xogaron ao rato e o gato, ao escondite e no parque infantil. Mentras, na explanada da Candieira, xunto ao Auditorio, o outro grupo realizaba actividades deportivas e xogaba ao pano.

Monitores e un grupo de voluntarios, apoiados por persoal do Concello, están ao coidado dos nenos e dirixen as actividades, que se desenvolven de luns a venres en horario de 10 a 13 horas.