El Correo Gallego

Noticia 113 de 190 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Máis de 1.400 xogadores participan dende esta fin de semana nos torneos de fútbol base do Cordeiro C.F.

As competicións estréanse o sábado coa categoría benxamín e seguen o domingo cos biberóns // Na pasada edición máis de 4.500 persoas presenciaron os partidos no campo municipal de Baño

CONCELLO DE VALGA  | 22.05.2019 
A- A+

O Cordeiro C.F. celebra a partir deste sábado e coa colaboración do Concello de Valga a quinta edición dos seus torneos de fútbol base. Uns 1.400 futbolistas de 88 equipos participarán, durante tres fins de semana consecutivos, nas competicións das categorías biberón, prebenxamín, benxamín, alevín, infantil e cadete. Na edición do pasado foron máis de 4.500 as persoas que asistiron aos partidos disputados no campo municipal de Baño.

Os torneos estréanse o sábado coa categoría benxamín. Cordeiro, EFM Boiro, CD Sar, AF7 Vilagarcía, Catoira SD, SD Villestro, CD Rois, SD Aguiño, Arosa Promesas, CF Carreira, CD Dodro, Victoria CF, Pontevedra CF, CD Conxo, CD Rois “B” e Cordeiro “B” serán os dezaseis equipos participantes. Os partidos comezarán ás 9 da mañá e prolongaranse ata arredor das 20 horas.

O domingo será o turno dos máis pequenos de categoría biberón coa participación dos seguintes equipos: Cordeiro, Victoria FC, SD Chispa, CD Ribadumia, Arosa SC, Atlético Cuntis, Villestro SD, Outes FC, EFM Boiro, SD Esclavitud, CD Ribadumia “B”, AF7 Vilagarcía, Sálvora CF, Amio SD, CD Rois e Milladoiro SD. Os encontros disputaranse a partir das 10 da mañá.

O sábado a partir das 9 da mañá terá lugar a competición de categoría benxamín, con 16 equipos: Arosa Promesas, Ulla C.F., Cordeiro C.F., Moraña C.F., Escola de Fútbol Municipal de Boiro, S.D. Villestro, E.D. Arousa, C.D. Sar Extramundi, Santiago, C.D. Dodro, Bertamiráns F.C., A.D. Nicrariense, C.D. Lugo, S.D. Aguiño, C.F. Carreira e Arousa F7.

Na fin de semana do 1 e 2 de xuño retomaranse os torneos, o sábado coa categoría alevín e o domingo coa prebenxamín. Os días 8 e 9 de xuño porán o broche os infantís e os cadetes.