El Correo Gallego

Noticia 38 de 140 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Máis de trinta nenos participaron no obradoiro de autoprotección organizado impartido pola campioa de Hapkido Raquel Vila

O taller estivo precedido dunha exhibición a cargo da Escola de Artes Marciais Club Roli

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 14.06.2019 
A- A+

Máis unha trintena de nenos de 6 anos de idade en diante participaron onte pola tarde no Auditorio Municipal no obradoiro de autoprotección organizado polo Concello en colaboración coa escola de artes marciais Roli, de Caldas. A instrutora foi Raquel Vila, 2º dan de Hapkido, actual campioa de España de Hapkido e subcampioa do mundo de defensa persoal.

A actividade comezou cunha exhibición a cargo do Clur Roli e, a continuación, os rapaces asistentes coñeceron e practicaron algunhas técnicas de autoprotección e defensa persoal adaptadas á súa idade e que lles poden ser útiles ante determinadas situacións de perigo que poidan experimentar en ámbitos coma o colexio.

Tratouse dun obradoiro de carácter educativo cuxo obxectivo foi proporcionar aos menores ferramentas preventivas e de protección ante posibles ameazas, así como técnicas sinxelas e intuitivas que poidan resultarlles útiles nesta etapa das súas vidas.

O obradoiro gratuíto foi organizado no marco do Programa de Prevención e Sensibilización do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.