El Correo Gallego

Noticia 19 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

"Malo Será!" gravou no Auditorio Municipal a función con máis público de toda a temporada

Xosé Antonio Touriñán foi o cómico máis aclamado polas cincocentas persoas que se deron cita no Auditorio // Marcos Pereiro, Federico Pérez ou Lucía Veiga foron algúns dos actores participantes

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 03.06.2019 
A- A+

O televisivo programa “Malo Será!” gravou onte en no Auditorio Municipal a súa función con máis público de toda esta temporada, a segunda en antena e á que puxeron fin, precisamente, coa rodaxe de Valga.

As case cincocentas butacas que saíron á venda estiveron ocupadas por uns espectadores entregados, que acudiron á cita con gañas de pasalo ben e afobé que o fixeron cos sketches humorísticos protagonizados por un elenco de actores integrado por Marcos Pereiro, Lucía Veiga, Oswaldo Digón e Federico Pérez, entre outros cómicos. Marta Dovira foi a presentadora do espectáculo.

Pero sen dúbida o máis agardado e aclamado polo público foi o invitado co que contaba o programa nesta ocasión, Xosé Antonio Touriñán, que protagonizou varias das escenas de humor que se emitirán en vindeiras datas na Televisión de Galicia. Nalgúns destes sketches houbo referencias a Valga, por exemplo, coa proxección de diferentes imaxes do municipio.

Ao remate da función, todo o elenco saiu ao hall do Auditorio para saudar ao público e facer fotografías con todas aquelas persoas que quixeron.