El Correo Gallego

Noticia 33 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Novos traxes de protección para a losta contra a vespa velutina para o GES e a Protección Civil

O Grupo de Emerxencias dispón agora de cinco traxes para a retirada e niños desta especie // O novo material foi solicitado polo Concello ante a Vicepresidencia da Xunta de Galicia

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 08.05.2019 
A- A+

O concelleiro de Seguridade, José Lagos Aboy, fixo entrega ao Grupo de Emerxencias Supramunicipal e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de novos traxes para a loita contra a vespa velutina. En concreto, entregou dous equipos de protección ao GES e outros dous a Protección Civil.

O GES xa dispuña con anterioridade doutros tres traxes, polo que agora son un total de cinco os equipos protectores cos que conta para acometer traballos de retirada de niños desta especie.

A consecución do novo material foi xestionada polo Concello de Valga ante a Axencia Galega de Emerxencias (Axega), dependente da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.