El Correo Gallego

Noticia 32 de 140 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Operarios municipais instalan na Mina Mercedes novo mobiliario urbano

Catro bancos e dúas papeleiras foron concedidos pola Deputación para este espazo natural // O Concello solicitara á administración provincial un total de 48 elementos para diferentes zonas de lecer do municipio

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 18.06.2019 
A- A+

O Concello de Valga solicitou á Deputación de Pontevedra, no marco do programa de melloras en espazos públicos, un total de 48 elementos de mobiliario urbano –24 bancos e 24 papeleiras– para distribuír por diferentes entornos naturais e zonas de lecer do municipio, en concreto para o Parque Irmáns Dios Mosquera, a área fluvial de Vilarello, a lagoa Mina Mercedes e o miradoiro do Monte Beiro.

Desta lista de elementos, a Deputación Provincial concedeu ao Concello seis pezas de mobiliario para instalar na Mina Mercedes. Trátase de catro bancos e dúas papeleiras –unha pequena e outra con varios compartimentos para a recollida selectiva do lixo– que nos últimos días xa foron colocados por operarios do servizo municipal de Obras.

Dous bancos e a papeleira grande instaláronse no entorno do parque biosaudable e os outros tres elementos distribuíronse polo paseo.