El Correo Gallego

Noticia 89 de 320 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Persoas en risco de exclusión poden solicitar no concello axudas de emerxencia social ata o día 22 de novembro

Diríxense a veciños que carezan de ingresos suficientes para afrontar gastos de alimentación, vivenda e pago de recibos, entre outros conceptos // Teñen preferencia as persoas con menores ao seu cargo

CONCELLO DE VALGA  | 05.11.2019 
A- A+

O Concello de Valga informa sobre a convocatoria de axudas de emerxencia social, ás que poden acollerse persoas que se atopen en situación de exclusión social ou en risco de estalo e que carezan de ingresos suficientes para facer fronte aos gastos polos que se solicita a axuda. Teñen preferencia aquelas persoas con menores ao seu cargo.

Os tipos de axudas que poden solicitarse son

  • Alimentación.
  • Uso de vivenda: pagamento de débedas de alugueiro e hipotecarias, acondicionamento de habitabilidade, mobiliario e enxoval da vivenda.
  • Pago de recibos: electricidade, leña ou equivalentes, gas, gasóleo ou auga.
  • Produtos de hixiene e limpeza.
  • Electrodomésticos básicos: lavadora, quentador, cociña, frigorífico, deshumificador...
  • Desprazamentos a recursos asistenciais ou sanitarios fóra do concello.
  • Lentes e audífonos.
  • Tratamentos de odontoloxía non financiados polo Servizo Galego de Saúde.
  • Produtos de apoio: camas articuladas, guindastres, colchóns antiescaras, cadeiras e barras de ducha ou baño, andadores...

Estas axudas son convocadas pola Deputación en colaboración co Concello de Valga e poden solicitarse no departamento municipal de Servizos Sociais ata o día 22 de novembro.