Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O pleno aproba a ova organización municipal para a lexislatura 2019-2023

Establécense dúas dedicacións exclusivas e os Plenos celebraranse os últimos luns dos meses pares // Os novos edís do grupo de goberno, Malena Isorna e Pedro Calvo, asumen as delegacións de Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música e Cultura e Xuventude, respectivamente

    A nova Corporación municipal saída das eleccións do pasado mes de maio celebrou onte un Pleno extraordinario para establecer a organización pola que se rexerá o Concello durante a lexislatura 2019-2023.

    Os puntos que se trataron na orde do día foron os seguintes:
    • Constitución dos grupos políticos e designación dos seus voceiros (aprobado por unanimidade)
    - Grupo municipal do Partido Popular (Voceiro: Román Castro)
    - Grupo municipal do PSdeG-PSOE (Voceira: María Ferreirós)
    - Grupo mixto (Voceiro: Manuel Castiñeiras)

    • Periodicidade das sesións plenarias (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e as abstencións de PSOE e grupo mixto)
    - As sesións ordinarias celebraranse o último luns dos meses pares ás 20:10 horas. Non se celebrarán sesións nos meses de agosto e decembro, trasladándose estas a setembro e novembro.

    • Dar conta do nomeamento dos tenentes de alcalde, aos que lles corresponde substituír ao alcalde na totalidade das súas función e pola orde do seu nomeamento no caso de ausencia ou impedimento que imposibilite a este para o exercicio das súas atribucións.
    - Román Castro
    - Carmen Gómez
    - José Ángel Souto
    - Begoña Piñeiro

    • Dar conta do nomeamento dos membros da Xunta de Goberno Local, que celebrará sesión ordinaria con periodicidade semanal
    - Román Castro
    - Carmen Gómez
    - José Ángel Souto
    - Begoña Piñeiro

    • Dar conta das delegacións específicas aos concelleiros da Corporación
    - Román Castro: Obras, Servizos, Urbanismo, Medio Ambiente e Desenvolvemento Rural
    - Carmen Gómez: Educación, Formación, Emprego e Industria
    - José Ángel Souto: Economía, Facenda, Contas e Patrimonio
    - Begoña Piñeiro: Sanidade, Benestar Social e Igualdade
    - Malena Isorna: Turismo, Novas Tecnoloxías e Escola de Música
    - Pedro Calvo: Cultura e Xuventude
    - Manuel Ferreiro: Deportes
    - José Lagos: Protección, Civil, Seguridade e Interior

    • Creación das Comisións Informativas (aprobado cos votos a favor do grupo do PP, en contra do PSOE e abstención do grupo mixto)
    - Comisión Informativa de Réxime Especial de Contas, Economía, Facenda e Patrimonio
    - Comisión Informativa de Obras, Servizos, Urbanismo e Desenvolvemento Rural
    - Comisión Informativa de Sanidade, Igualdade e Benestar
    - Comisión Informativa de Educación, Formación, Emprego e Industria
    - Comisión Informativa de Medio Ambiente, Protección Civil, Seguridade e Interior
    - Comisión Informativa de Cultura, Deportes, Xuventude e Turismo
    As comisións estarán compostas por tres concelleiros do grupo municipal do PP, un do grupo do PSdeG-PSOE e un do grupo mixto. As sesións celebraranse os luns, martes, mércores e xoves ás 13:10 horas.

    • Réxime xurídico das Comisións de Coordinación (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
    - Estarán integradas polo alcalde e os concelleiros delegados e celebrarán sesións ordinarias con carácter semanal.

    • Nomear aos representantes do Concello nos órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
    - Representante no CEIP Plurilingüe Baño-Xanza, no CRA e no IES: Carmen Gómez (suplente Begoña Piñeiro)
    - Representante no CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo: José Ángel Souto (suplente Malena Isorna)

    • Determinación dos cargos con dedicación exclusiva (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
    - As concelleira delegadas de Educación, Formación, Emprego e Industria e de Sanidade, Benestar Social e Igualdade, cunha retribución de 1.100 euros mensuais

    • Dar conta da designación dos postos de persoal eventual
    - Designación dun posto de Responsable de Novas Tecnoloxías e Comunicacións

    • Determinación das “asistencias” dos membros da Corporación a órganos colexiados (aprobado cos votos a favor do grupo do PP e en contra do PSOE e do grupo mixto)
    - Pleno, Xunta de Goberno Local e Comisións de Coordinación: 75 euros/sesión cada membro
    - Comisións Informativas: 40 euros/sesión cada membro
    - O presidente dos respectivos órganos colexiados percibirán a maiores 30 euros por sesión

    02 jul 2019 / 22:33
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    Tema marcado como favorito