El Correo Gallego

Noticia 142 de 171 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Con capacidade para 120 alumnos

O pleno de Valga aproba a memoría técnica para a creción dun conservatorio de música

O documento exporase ao público por un período dun mes no que poden presentarse alegacións // Os alumnos empadroados en Valga beneficiaranse dun 10% de desconto nas tarifas

CONCELLO DE VALGA  | 16.03.2019 
A- A+

A Corporación municipal aprobou por unanimidade no Pleno do xoves a memoria técnica para a creación dun Conservatorio Superior de Música.

O documento foi elaborado pola Comisión Informativa Especial constituída no mes de xaneiro para estudar a viabilidade de crear en Valga un centro de estudos superiores de música. Nel analízanse os aspectos social, xurídico, técnico e financiero do servizo, figurando tanto a forma de xestión como unha proposta de tarifas e unha análise do mercado cun estudo da oferta e da demanda existentes.

O obxectivo co que nace o proxecto deste Conservatorio é o de contribuír ao desenvolvemento educativo e cultural a través da formación musical, complementar a oferta formativa da Escola Municipal de Música e ofrecer unha alternativa de ensinanza superior avalada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional da Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

O centro contará capacidade para 120 alumnos e terá carácter privado, xestionado por unha empresa de servizos musicais. Contará coa colaboración e o patrocinio do Concello de Valga a través da concesión das instalacións do Auditorio Municipal e de parte do instrumental. Os alumnos empadroados no municipio cunha antelación mínima de dous anos á data de matrícula beneficiaranse dunha reducción do 10% nas tarifas.

Trala súa aprobación inicial, a memoria exponse agora ao público durante un prazo dun mes durante o cal particulares e entidades poden presentar as alegacións que consideren oportunas.