El Correo Gallego

Noticia 24 de 105 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Pontevedra e o Amio impóñense nos torneos de fútbol benxamín e biberón organizados polo Cordeiro

É a quinta edición do evento deportivo, que se celebra no campo municipal de Baño // As competicións continúan a próxima fin de semana coas categorías alevín e prebenxamín

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 27.05.2019 
A- A+

O Cordeiro C.F. estreou esta fin de semana a quinta edición dos seus torneos de fútbol base, que se disputan no campo municipal de Baño e contan coa colaboración do Concello de Valga.

O sábado dispotouse a competición de categoría benxamín, con dezaseis equipos participantes. Na fase final o gañador foi o Pontevedra C.F., o Arosa Promesas foi subcampeón e o terceiro e cuarto postos foron para o C.D. Rois e o Cordeiro C.F.

Na fase de consolación impúxose a S.D. Aguiño, que gañou a final ante o AF7 Vilagarcía. O C.F. Carreira foi terceiro, e o C.D. Rois “B”, cuarto.

O alcalde, José María Bello Maneiro, e o concelleiro de deportes, Manuel Ferreiro, asistiron á entrega de trofeos e medallas.

Na xornada do domingo xogáronse os encontros de categoría biberón, tamén con dezaseis equipos participantes. O vencedor foi o Amio S.D., que lle gañou a final ao Victoria F.C. En terceiro lugar clasificouse o Arosa S.C. e o cuarto foi o Villestro S.D.

Na fase de consolación houbo victoria local, impoñéndose o Cordeiro C.F. ao Sálvora na final. O C.D. Rois foi terceiro e o Atlético Cuntis, cuarto.

Os torneos de fútbol base organizados polo Cordeiro C.F. continúan a vindeira fin de semana coas categorías alevín e prebenxamín. Os días 8 e 9 de xuño porán o broche a esta edición os infantís e os cadetes. En total, nas tres fins de semana participarán no evento deportivo máis de 1.400 futbolistas de 88 equipos.