El Correo Gallego

Noticia 91 de 313 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O prazo para solicitar as axudas municipais para material e transporte escolar segue aberto ata o 31 de outubro

As solicitudes deben presentarse no rexistro do Concello en horario de 8:30 a 14:30 // O Concello ten reservadas nos orzamentos senllas partidas de 8.000 e 4.000 euros

CONCELLO DE VALGA  | 18.10.2019 
A- A+

As axudas municipais para material e transporte escolar para o curso 2019/2020 aínda poden solicitarse ata o día 31 de outubro.

As subvencións para material escolar teñen como beneficiario ao alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil de todos os centros públicos do municipio (colexio de Baño e Centro Rural Agrupado), mentras que as de transporte diríxense a estudantes de Bacharelato, FP, ensinanzas artísticas superiores, universitarios e alumnado con necesidades educativas especiais.

Para solicitalas é preciso cumplir os seguintes requisitos:

- Que a renda per cápita familiar non supere o límite de 6.000 euros.

- Estar empadroado en Valga e ser fillo dependente económicamente (menor de 25 anos, que conviva no domicilio familiar e que non teña contrato de traballo ou percibira algún tipo de recurso en 2018, excepto bolsas).

As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello en horario de 8:00 a 15:00 ou a través da sede electrónica. É preciso aportar o impreso debidamente cuberto (pode descargarse en www.valga.gal ou solicitarse nas oficinas municipais) xunto coa seguinte documentación:

- Fotocopia do DNI do solicitante.

- Fotocopia do libro de familia no que figuren todos os membros da unidade familiar.

- Fotocopia da declaración da renda de 2018 dos pais ou titores legais

- Facturas orixinais ou, no seu caso, certificado selado expedido polo centro educativo que acredite o gasto en material escolar ou libros para o alumnado de Infantil.

- Certificado da matrícula expedido polo centro educativo ou resgardo de ter pagada a matrícula selado pola entidade bancaria para o alumnado de Bacharelato, FP, Universidade, ensinanzas artísticas superiores e alumnado con necesidades educativas especiais.

- Declaración responsable de encontrarse ao corrente das obrigas tributarias e da Seguridade Social e de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións públicas (descargar impreso en www.valga.gal ou solicitalo no Concello).

Outra documentación complementaria que tamén pode aportarse:

- Certificado que acredite o grao de minusvalía ou incapacidade igual ou superior ao 33% de algún membro da unidade familiar.

- Certificado que acredite a situación de desemprego por un período superior a 6 meses durante 2019 dalgún membro da unidade familiar.

- Documentación acreditativa da situación de familia monoparental ou de ausencia de ambos proxenitores.

- Título de familia numerosa