Lunes 21.10.2019 Actualizado 00:39
Google    

El Correo Gallego

Noticia 72 de 223 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

Os rapaces da escola de verán debuxan ás superheronías de Valga nun obradoiro de ilustración

Seguiron as directrices que lles indicou a ilustradora Estefanía Padullés // As actividades das bibliotecas continúan o vindeiro luns co taller “A aventura de Daniela Pirata”, no Auditorio Municipal

FOTO: Concello de Valga
FOTO: Concello de Valga

CONCELLO DE VALGA  | 05.08.2019 
A- A+

A Casa da Cultura de Valga recibiu esta mañá á ilustradora Estefanía Padullés, que impartiu o obradoiro “As superheronías do noso pobo”, centrado en debuxar a mulleres representativas de Valga. A actividade, na que participaron os nenos e mozos da Escola de Verán, enmarcouse dentro da programación estival das bibliotecas municipais para o fomento da lectura entre a mocidade.

Os rapaces comezaron practicando as técnicas da ilustración con mulleres célebres como a pintora mexicana Frida Kahlo ou a científica alemá María Sibylla Merian. A continuación, tiveron que debuxar a mulleres valguesas, pero non soamente famosas, senón tamén a mulleres representativas e importantes para as núas vidas: nais, avoas ou mestras foron algunhas das eleccións.

As actividades organizadas polas bibliotecas municipais dentro do programa “Ler Conta Moito” continúan o vindeiro luns, 12 de agosto, con “A aventura de Daniela Pirata”, un contacontos interactivo no que a través dun conto sobre igualdade de xénero, se proporá aos participantes superar varias probas para converterse en auténticos piratas e obter o desexado tesouro. Será a partir das 11 horas no Auditorio Municipal con entrada de balde.