El Correo Gallego

Noticia 75 de 313 noticia anterior de Valga Área de Compostela » Valga

O Sergas atende a petición do goberno municipal e incorporará un novo médico ao centro de saúde

O novo facultativo comezará a prestar servizo nas vindeiras semanas // O alcalde agradece a sensibilidade da Consellería cos usuarios valgueses

CONCELLO DE VALGA  | 12.11.2019 
A- A+

O Centro de Saúde de Valga contará proximamente cun novo médico de atención primaria. Así llo confirmou ao Concello a Consellería de Sanidade, que atende deste xeito as peticións e xestións realizadas polo goberno municipal para que o servizo sanitario que se presta no Centro Médico de Baño se vise reforzado.

Este novo facultativo, que se incorporará nas vindeiras semanas, pasará a engrosar o plantel de persoal sanitario co que conta o centro, contribuíndo a mellorar o servizo que se ofrece aos veciños de Valga. Neste sentido, a chegada do novo profesional permitirá reducir a carga de traballo do resto de médicos de familia para que poidan adicar máis tempo a prestar unha boa atención aos seus pacientes.

O equipo de goberno amósase “agradecido” co Sergas por atender esta importante demanda e pola “sensibilidade” que está a demostrar cos usuarios do Centro Médico de Valga. O alcalde, José María Bello Maneiro, indica ademais que “seguiremos realizando xestións e reinvincando melloras nos servizos sanitarios. Aínda quedan algunhas demandas pendentes e esperamos que tamén sexan atendidas”.